lunes, 3 de mayo de 2010

Iniciativas para o curso 2010-2011

ANPA DO IES A SARDIÑEIRA
ESCOLA XXI



Iniciativas para o curso 2010-2011


Temos moitos obxectivos e todos encamiñados a apoiar os alumnos do centro no ascenso á súa formación e á súa madurez que lle posibilite elixir.


Un obxectivo é que o centro poida acoller máis alumnos, básico para poder aumentar a oferta no ensino; para realizar unha actividade necesítase un mínimo de alumnos para formar grupo.


Outro, que o centro se converta nun referente para os alumnos, onde adquiran a forza que van necesitar para entrar na loita por acadar os seu particular obxectivo, onde aprendan que a disciplina é importante ó igual que compartir cos seus compañeiros tódolos coñecementos e emocións que nesta etapa adquiren. ¿Cómo?

1. Cremos que creando un espazo físico, unha aula onde poida compartir libremente coñecementos e que ademáis poidan acceder a outros medios sexan libros ou información por medios informáticos segundo as necesidades de coñecemento vaian aumentado, pode ser un bo aliciente.
2. Creando un contorno no mesmo centro, acolledor e armonioso que crebe a iniciativas contrarias á educación.
3. Ofertando actividades onde cada alumno poida desenvolver a súa creatividade natural e que ademais poida ofrecela para ser aproveitada polo resto dos compañeiros e a súa vez desfrute da creatividade e arte dos seus compañeiros.
a. Teatro
b. Debuxo
c. Xadrez
d. Música
e. Baile
f. Deportes e competicións deportivas
g. Biblioteca

Cando contemos coa certeza de que podemos dispoñer dun comedor no centro, comunicaremolo a tódolos pais que nos deixen o enderezo electrónico, tamén a través deste blog ou notas que se distribúen no centro.

Temos un buzón de suxestións a disposición de todos para que se podemos facer algo hoxe non quede para mañá.

Iniciativas para o curso 2009-2010

ANPA DO IES A SARDIÑEIRA
ESCOLA XXI


Iniciativas para o curso 2009-2010




A data da acta fundacional da Asociación de Nais e Pais ESCOLA XXI do IES A Sardiñeira é o 22 de decembro de 2009 e inscrita no rexistro o 9 de febreiro de 2010.


Na acta fundacional figuran como compoñentes do Órgano de Goberno Provisional:

Presidenta: Dona Ángeles de la Fuente Subiela
Vicepresidenta: Dona Mar Franco Meilán
Secretaria: Dona Mercedes Queixas Zas
Tesoureira: Dona Narcisa Vieites Queijo
Vocais:
Dona Agripina Alfeirán Rodríguez
Dona Nieves Martínez Paz
Dona Isabel Mori Toja
Dona Stella Castro Fernández


Os mércores de 17:00 a 18:00 na sala reservada para a ANPA (edificio rosa, 1ª planta) recibimos suxestións e aproveitamos para decidir o axeitado para acadar os obxectivos que xa diseñamos para o vindeiro curso.

Aínda que o participar no Consello Escolar figuraba como o principal obxectivo neste curso, regulamentariamente non é posible ata o primeiro trimestre do vindeiro.

Tamén fomos informando ós pais dos avances nos trámites. Agora xa legalmente constituida a asociación, dámo-los primeiros pasos para comeza-la andaina coa ilusión dos que cren que queda moito por facer e que un mundo mellor é posible.

Obxectivos da ANPA

OBXECTIVOS



Están recollidos no artigo 2 do estatuto:


A Asociación rexerase polos seguintes fins principais:

1. Asistir os pais, nais ou titores asociados en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos e fillas.
2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro que complemente e/ou reforcen os currículos das diferentes materias e proxectos de traballo que o centro desenvolva.
3. Promover actividades e servizos de tipo asistencial, social, educativo, cultural, recreativo, deportivo e de prevención, para os seus membros e demais compoñentes da comunidade educativa de centro.
4. Facilitar a representación dos pais e das nais do alumnado no Consello Escolar do centro.
5. Representar os pais e nais do alumnado nos órganos de participación cidadá e na defensa dos seus dereitos e liberdades.
6. Promover reunións de colaboración entre os diferentes axentes da comunidade educativa cara á procura dunha formación integral do alumnado: equipo directivo, claustro de profesorado, alumnado, persoal de administración e servizos e representante municipal no Consello Escolar.
7. Fomentar as relacións de cooperación con outros centros educativos da localidade, asi como os diferentes sectores socio-económicos do entorno.
8. Fomentar a colaboración do centro coas axentes socioeducativos do contorno.
9. Apoiar e promover, en xeral, todas as iniciativas que favorezan a educación da xuventude e a mellora da calidade de vida de calquera sector da comunidade educativa.

Os fins enunciados desenvolveranse no marco da promoción e o respecto ao carácter e ao proxecto educativo propio do centro, que se poderá concretar na organización das seguintes actividades:

1. Promover actividades formativas, culturais e deportivas para o tempo non lectivo do alumnado.
2. Organizar converencias e charlas de interese tanto para o alumnado como para profesorado e pais, nais e titores legais, acordes coas necesidades formativas que xurdan en cada momento.
3. Facilitar recursos e coorganizar tarefas educativas que permitan a mellora da calidade educativa do centro.