lunes, 3 de mayo de 2010

Obxectivos da ANPA

OBXECTIVOS



Están recollidos no artigo 2 do estatuto:


A Asociación rexerase polos seguintes fins principais:

1. Asistir os pais, nais ou titores asociados en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos e fillas.
2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro que complemente e/ou reforcen os currículos das diferentes materias e proxectos de traballo que o centro desenvolva.
3. Promover actividades e servizos de tipo asistencial, social, educativo, cultural, recreativo, deportivo e de prevención, para os seus membros e demais compoñentes da comunidade educativa de centro.
4. Facilitar a representación dos pais e das nais do alumnado no Consello Escolar do centro.
5. Representar os pais e nais do alumnado nos órganos de participación cidadá e na defensa dos seus dereitos e liberdades.
6. Promover reunións de colaboración entre os diferentes axentes da comunidade educativa cara á procura dunha formación integral do alumnado: equipo directivo, claustro de profesorado, alumnado, persoal de administración e servizos e representante municipal no Consello Escolar.
7. Fomentar as relacións de cooperación con outros centros educativos da localidade, asi como os diferentes sectores socio-económicos do entorno.
8. Fomentar a colaboración do centro coas axentes socioeducativos do contorno.
9. Apoiar e promover, en xeral, todas as iniciativas que favorezan a educación da xuventude e a mellora da calidade de vida de calquera sector da comunidade educativa.

Os fins enunciados desenvolveranse no marco da promoción e o respecto ao carácter e ao proxecto educativo propio do centro, que se poderá concretar na organización das seguintes actividades:

1. Promover actividades formativas, culturais e deportivas para o tempo non lectivo do alumnado.
2. Organizar converencias e charlas de interese tanto para o alumnado como para profesorado e pais, nais e titores legais, acordes coas necesidades formativas que xurdan en cada momento.
3. Facilitar recursos e coorganizar tarefas educativas que permitan a mellora da calidade educativa do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario